Obradoiros

 

Miudiño ofrece obradoiros para nenos, nenas, vellos, vellas e para todos aqueles que queiran poñer ao alcance das súas mans  a creación de brinquedos tradicionais e a experimentación sonora con elementos naturais.

 

  • Obradoiro de xoguetes sonoros: O apaixoante mundo dos instrumentos musicais non escapa ao reemprego de materiais e obxectos cotiás, procurando a musicalidade a través de recursos tanto naturais (canas, noces, avelás…) coma de refugallo ( chapas, tubos caixas…)  para transformalos en verdadeiros instrumentos musicais. Algúns instrumentos a construír son o mirlitón, o reque reque, o bate bate, o carrizo ou o sistro.

 

  • Obradoiro de aprendices de nenos e nenas orquestra: Obradoiro para aqueles nenos e nenas que queren ter a experiencia de crear e tocar varios instrumentos a un tempo, igualiño que se foran homes ou mulleres orquestra de verdade. Instrumentos de percusión nun pé e nunha man, e na outra instrumento para tocar coa boca e facer a melodía.

 

  • Obradoiro de tocadores de folla: Foi dos nosos vellos de quen aprendemos este singular xeito de facer música, agora tócanos a nos seguir o camiño andado para non perder semellante habilidade musical.

 

  • Obradoiro de creación libre de brinquedos: bonecos, vehículos... a partir de diferentes elementos naturais: poliñas, bugallos, follas, noces, abelás, miga de pan, vimbios, carozos, cunchas, cana do país, follaco de espiga, teas, cortiza, cartón, fíos de lá, piñas, pataquiñas, castañas, casqueiro de piñeiro e sobreira...

 

  • Obradoiro de papiroflexia tradicional: barco, avión, chapeu, muíño de vento, bico de galo.

 

  • Obradoiro de "bailaretes, ioiós e fungagatos": con landras, bugallos, miga de pan, rebandas de madeira, carozo, noces, chapas, cartón...

 

  • Obradoiro de boliche, pistola de pinzas e flus: con cana do país, barro, globos, pinzas.