Xogando Miudiño

"Xogando Miudiño" é un fermoso espazo de xogo libre con brinquedos (xogos e xoguetes) tradicionais que ofrecemos en aluguer con monitor, para festas, festivais, romarías, festas históricas... Nel atoparás brinquedos clásicos neste tipo de espazos como: zancos, aros, a ferradura, tiracoios, construcións...nos imos un pouco máis aló. En "Xogando Miudiño" hai un espazo bebés con mantas de abanear, carriños, cabaliños de balanzo... un espazo de brinquedos sonoros para a exploración musical, un espazo de medios de locomoción e outros pequenos xoguetiños cos que seguro non has quedar indiferente.