Condicións de compra

Estas son as preguntas máis importantes que o guiarán a través da súa compra na tenda Miudiño.

 

1. Como podo realizar o meu pedido?
 

Os pedidos realízanse a través da páxina web www.miudinho.gal.

 

2. Que pasos debo seguir para mercar na tenda on-line?

O primeiro que debe facer é seleccionar e/os produtos que queira mercar. Todos eles irán a A cesta da compra situado na marxe superior dereita da pantalla.

No momento de querer realizar o pedido, debe pulsar en A Cesta da Compra, que lle separará o pedido realizado ata o momento. Nela poderá comprobar o seu pedido e se o desexa poñer máis cantidades dun produto, eliminar un produto e inclusive facer unha simulación dos gastos de envío e xeitos de pago (seleccionando os datos desexados e pulsando o “visto” tras cada dato introducido). Se quere, tamén pode volver á tenda e continuar a súa compra.

Ao rematar a súa compra e para realizar o pedido desexado, debe pulsar no botón de Realizar Compra da Cesta da Compra. Aínda que se poida facer unha simulación da compra, para realizar a compra real hai que rexistrarse. Estes datos son os que se lle piden a continuación. Se xa estaba rexistrado só terá que iniciar a súa sesión (co seu nome de usuario e contrasinal).

Os últimos pasos son cubrir os datos para o envío e pago, que se lle irán pedindo de xeito sinxelo e comprensible.


 

Por correo electrónico se lle confirmará tanto a recepción da solicitude de pedido coma o cambio de estado unha vez enviado.

Aínda así, se lle xurde calquera dúbida sobre este proceso, non dubide en enviarnos un correo a contacto@miudinho.gal.

 

3. Como podo engadir  produtos unha vez o pedido está realizado?

O xeito máis doado é cancelar o pedido e enviar un pedido novo. Isto so se lle poderá realizar no caso de que o pedido non teña sido marcado aínda coma Enviado.

Se ten algunha dúbida non dubide en enviarnos un correo a contacto@miudinho.gal.

 

4. Podo anular o meu pedido?

Poderase anular un pedido enviando un correo electrónico a contacto@miudinho.gal , sempre e cando non se encontre marcado xa coma “Enviado”.

 

Explicación: cada vez que o envío cambia de estado ha de chegarlle un correo electrónico informándolle do novo estado. Unha vez que o pedido lle teña sido enviado xa non poderá anulalo.

 

5. Que formas de pago podo utilizar?

As formas de pago admitidas son:

·       Contra reembolso

·       Transferencia bancaria

·       Pay Pal

·       Tarxeta de crédito

 

O proceso de pagamento é moi sinxelo. Só debe seguir os pasos que lle imos indicando. Se precisa axuda, recorde que estamos á súa disposición no correo electrónico contacto@miudinho.gal .

 

IMPORTANTE: Se selecciona a opción PayPal o enderezo de envío será o indicado no seu pedido e non o indicado en PayPal.

 

6. Cales son os gastos de envío?

Para saber os gastos de pago e envío podes empregar o noso simulador da cesta da compra sen necesidade de rexistrarte.

 

7. Cales son os prazos de entrega?

A partir do momento da recepción do pago o prazo de entrega é de 24/72h laborais, en función do material e da cantidade solicitada. Miudiño non se responsabiliza do retraso que se poida ocasionar na entrega e os retrasos que puideran producirse non darán lugar a ningunha indemnización pola nosa parte.

 

 8. Que teño que saber sobre garantías?

A garantía está limitada a defectos de fabricación e non de abuso, mal uso, uso indebido ou calquera outro dano que se puidera producir despois de entregada a mercadoría no lugar de destino.

 

9. Que teño que saber sobre devolucións?

Comprobe os artigos do pedido no mesmo día no que os recibe. Se falta algún produto ou non se corresponde co pedido, nun prazo máximo de 24h deberá enviar un correo electrónico a contacto@miudinho.gal para tramitar a devolución.

 

Se a mercadoría foi deteriorada durante o transporte ata o punto de resultar inservible, non está obrigado a aceptala. No caso de rexeitala deberá informarnos inmediatamente.

O prazo máximo para solicitar a devolución estipúlase en 15 días naturais desde a recepción do pedido, a través do correo electrónico contacto@miudinho.gal. Non se realizará ningunha devolución que non fora previamente comunicada.

A devolución pode deberse ben a un defecto en orixe ben a non ter quedado satisfeito co produto.
No caso de deberse a un defecto en orixe, unha vez que Miudiño reciba e comprobe anteditos defectos, ben se lle enviará outro da mesma referencia (se houbera en stock), ben se lle reembolsará o importe nun número de conta facilitado polo cliente (no caso de non termos en stock). Neste caso, Miudiño farase cargo dos portes correspondentes á devolución e novo envío.
Se desexara efectuar un cambio por outro artigo, os gastos de devolución e novo envío non serán asumidos por Miudiño.

No caso de deberse a devolución a non ter quedado satisfeito co produto, non se devolverá o importe ou realizará ningún reenvío de mercadoría mentres non se teña verificado a recepción e estado do produto, xa que tanto produto coma embalaxe deben atoparse en perfectas condicións, así coma conservar todos os seus accesorios e documentación de orixe.
Unha vez comprobadas as condicións anteriores, procederase á devolución do importe que figuraba no pedido mediante o ingreso en número de conta facilitada polo cliente. Se prefire cambialo por algún outro artigo, pregamos se poña en contacto connsoco para estudar dita posibilidade. Os portes da devolución e novo envío a cargo do cliente.