Cé orquestra pantasma (home orquestra)

Dende o verán de 2008 Cé orquestra pantasma leva percorrendo o mais variado panorama festeiro galego e portugués . Nenos, nenas, vellos e vellas levan gozado a mans cheas das súas propostas polas máis destacadas feiras, festas, festivais e romarias populares do país.

 

Coa música como elemento común, Cé orquestra pantasma ofrece varios formatos individuais ou combinables entre sí.

 

 

 

 

PROPOSTAS

 

MÚSICA EN DIRECTO

Fíos do querer (espectáculo para  0-5 anos)

 

 

Cé orquestra pantasma, a partir da personaxe de home orquestra, ofrece desta volta un formato musical agarimoso apto para a sensibilidade da primeira infancia. O emprego da voz e actitude de confianza,  o suave e rítmico acompañamento musical do ukelele e do seu trebello sonoro para as costas, e as misteriosas árbores de axóuxeres que acompañan estética e harmoniosamente,  conseguen namorar a miúdos e grandes dende o comezo do espectáculo.

 

O espectáculo FÍOS DO QUERER  vai dirixido a meniños e meniñas de 0 a 5 anos  que acompañados dos seus pais, gozarán de cantigas de primeiras palabras, para abanear, para dar bicos, facer palmiñas, xirar, brincar… O espectáculo está dividido en dúas partes: unha primeira de música para xogar, cantar e bailar e unha segunda de exploración instrumental con axóuxeres e obxectos sonoros naturais logrando,  entre pequenos e grandes, armar unha pequena orquestra.

Xogando, cantando e bailando (espectáculo infantil)

 

Cé orquestra no seu espectáculo para nenos a partir de 3 anos leva aos pequenos a límites imprevisibles chegando a lograr na súa actuación a éxtase infantil, dando renda solta a participación total dos pequenos  e converténdose eles nos auténticos protagonistas do espectáculo.

O divertimento está garantido grazas a un repertorio composto por melodías, xogos musicais e cantigas de diferente tipo: acumulativas, xestuais, imitación, creativas, danzadas… para que participen xogando, cantando e bailando todo o que lles pete… ata caer de cu!!!

 

Festas, feiras e romerias populares

A Orquestra Pantasma consigue transportarnos aos tempos en que nas nosas festas mais arraigadas todos eran partícipes e creadores do divertimento,  quedando a pasividade practicamente desterrada do campo da festa: home orquestra e público  fúndense nun so bloque  logrando un clima único en cada ocasión.

Festivais

A súa longa e variada traxectoria musical permite a  Cé orquestra Pantasma  facer acto de presenza nos máis diversos e floridos festivais que no mundo podemos atopar. A trangallada musical é feita sempre a pé de barra,  pretiño da xente para lograr un ambiente cálido e participativo.

 

Pasarrúas

Cé orquestra pantasma como espectáculo en movemento que é, non podía pasar por alto o feito de desprazarse dun lugar a outro co seu arte musical, as prazas e rúas que vai percorrendo énchense dun sorriso sonoro capaz de espertar as almas máis insensibles. Os seus pasarrúas son, máis nin menos, que a ledicia da fantasía feita realidade.

Festas temáticas

Poderás ver e divertirte co marabilloso home orquestra facendo fermosos  pasarrúas e animando as prazas  en festas temáticas do máis diverso: medievais, da prehistoria, etnográficas, mariñeiras… sempre en contacto co público para lograr  unha maior implicación e participación no espectáculo.
XOGOS MUSIQUEIROS
Xogos musiqueirosO xogo popular tamén ten cabida no fantástico mundo do home orquestra, os xogos  de sempre como: a carreira de sacos,  o baile das cadeiras,  o lanzamento do ovo… son levados adiante nesta ocasión acompañados da música e a ocorrencia de Cé orquestra Pantasma. Un xeito divertido, diferente e orixinal de gozar dos brinquedos da nosa cultura popular.
 

VISITA A WEB: